Unha patrulla da Garda Civil detivo o pasado luns a un cidadán por un delito de tráfico de drogas no Porriño.
Os axentes atopábanse realizando o servizo e atoparon a un varón, coñecido por actuacións anteriores, ante unha actitude esquiva e nervosa, tras o que decidiron abordalo.
Ao entrevistarse con el, deciden proceder ao rexistro das súas pertenzas, atopando unha pipa para o consumo de estupefacientes e unha caixa de plástico con 20 gramos de cocaína.
A maiores, na riñonera levaba 270 euros en billetes fraccionados, presuntamente, de ventas realizadas ata o momento. Tales feitos foron motivo para a súa detención.
O detido é un varón de 42 anos, veciño da localidade, con antecedentes similares. O home foi posto a disposición xudicial e quedou en libertade con cargos.

