Martes, Febreiro 3, 2026
HomeConcellos +A CañizaA Cañiza traslada á Xunta as necesidades da súa Escola Infantil Municipal

A Cañiza traslada á Xunta as necesidades da súa Escola Infantil Municipal

O alcalde da Cañiza, Luis Piña, vén de manter unha reunión con Jacobo José Rey Sastre, director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da consellería de Política Social e con Alberto Vázquez Sanmartín, subdirector xeral de Demografía e Conciliación; co fin de trasladar diversas problemáticas relacionadas coa Escola Infantil Municipal da Cañiza.

O rexedor comunicou ante a Xunta que dende a súa construción “o edificio vén presentando múltiples problemas de humidades, derivados principalmente da inexistencia de illamento no chan”. Con tal motivo, explicou Piña “aparece de forma continuada humidades nas paredes”.

Luis Piña asegurou tamén que “ao longo do tempo puxéronse en marcha distintas solucións técnicas co obxectivo de corrixir estas deficiencias estruturais, sen que ata o de agora se acadase unha solución definitiva” e informou que o Concello contratou a redacción dun proxecto co obxectivo de dar unha solución definitiva a este problema.

Ante esta situación, o alcalde solicitou axuda e colaboración institucional para poder abordar e resolver de xeito eficaz este problema de carácter estrutural, atopando, segundo asegura, por parte da Xunta “vontade de estudar posibles vías de colaboración”.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS