O Son do Camiño vén de anunciar este venres o cartel completo para este ano 2026. Artistas como Lola Índigo, Biffy Clyro e Sensenra actuarán no Monte do Gozo no festival compostelán que se celebrará os días 18, 19 e 20 de xuño. A maiores, outros músicos como Linkin Park, Katy Perry ou Dani Martín, que xa foran anteriormente anunciados.
Tal e como indica a organización do festival nas súas redes sociais, veñen de porse á venda os “últimos abonos” para esta nova edición.


