O Concello de Mondariz-Balneario, xunto co sector hostaleiro do municipio, veñén de por en marcha unha iniciativa turística para o desenvolvemento do sector turístico cunha ruta gastronómica de degustación de petiscos.
As xornadas terán lugar os días 5, 6 e 7 de febreiro, onde se poderán probar un total de 7 petiscos en sete establecementos da vila. Así, os locais participantes son: Bar Cafetería Lourdes, Yago’s, Restaurante Atalaya, Boas Migas, Regato de Valdecide, Mixturas e Balneario de Mondariz.

Horario e prezo
Cada establecemento poderá realizar o horario que escolla, dentro dun horario mínimo establecido. Así, as horas fixas establecidas serán o xoves e venres de 20 a 22 horas e o sábado de 12 a 14 horas e de 20 a 22 horas.
O prezo dos petiscos será de 2,5 euros, só o petisco; e 5 euros o petisco cunha copa de viño.
Sorteo
A maiores, as persoas participantes poderán entrar no sorteo de diversos precios. Para participar, é preciso selar á cartilla que poderán atopar en cada establecemento ao probar o petisco; e contar cun mínimo de 4 selos. Unha vez cuberta, deberán incorporar os seus datos persoais e introdila nas urnas dispoñibles nos diferentes locais.
Os premios sorteados son: xabóns de troncoso, libros de Emilia Pardo Bazán, Bono comercio local de 25 euros, estoxos de Adegas Galegas, entradas para o “Palacio del Agua” ou unha experiencia hípica. Ademais, haberá un sorteo especial para aquelas cartillas con 7 selos, que optarán a unha cea valorada en 60 euros.

