Xoves, Xaneiro 29, 2026
HomeNewsActualidadeO PP de Tui leva ao contencioso as novas cámaras de regulación...

O PP de Tui leva ao contencioso as novas cámaras de regulación da zona azul

O Partido Popular de Tui vén de presentar un recurso contencioso- administrativo contra a ordenanza municipal que regula o control do estacionamento mediante cámaras de videovixilancia, ao considerar que se trata dunha medida “innecesaria, custosa e lesiva para os dereitos da veciñanza”.

Desde o grupo municipal popular alertan de que esta medida supón “un gasto de máis de 120.000 euros para controlar apenas unhas 50 prazas de estacionamento”, un custo que consideran absolutamente desproporcionado e difícil de xustificar, especialmente nun Concello cunha situación financeira delicada e con múltiples necesidades sen atender.

O portavoz municipal do PP, Nico Montes, indicou que o trasfondo desta medida de videovixilancia xorde do “gravísimo problema de aparcamento en xeral” que sofre a cidade de Tui e que se foi agravando nos últimos dez anos.

Desde o PP subliñan tamén que esta ordenanza “non mellora a mobilidade nin favorece ao comercio local, ao tempo que xera serias dúbidas en materia de protección de datos e privacidade, ao contemplar a captación de imaxes e matrículas da cidadanía sen garantías suficientes”. Por este motivo, o recurso presentado solicita igualmente a suspensión cautelar da aplicación da ordenanza mentres non haxa un pronunciamento xudicial.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS