Mércores, Xaneiro 28, 2026
HomeNewsActualidadeNace a Escola de Pastores de Galicia: formación oficial para garantir o...

Nace a Escola de Pastores de Galicia: formación oficial para garantir o relevo no rural

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, pon en marcha unha Escola de Pastores, en colaboración coa Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia (Ovica). Mañá presentarase, no Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro do Inorde en Xinzo de Limia, este proxecto formativo que conta coa colaboración da Fundación La Caixa.

Esta formación oficial constará dunha parte teórica de 250 horas sobre aptitude empresarial agraria e outra práctica de 320 horas, ofrecéndose entre os meses de marzo e xullo e de setembro a outubro. Os alumnos poderán realizar prácticas en granxas de numerosos concellos ourensáns como A Gudiña, A Mezquita, Baltar, Castrelo do Val, Verín ou Xinzo de Limia, entre outros.

O impulso desta oferta formativa, ademais de favorecer a incorporación de profesionais, contribúe a potenciar a cría en extensivo, que crea unha barreira natural fronte aos incendios forestais e promove un monte xestionado e produtivo, segundo indican desde Medio Rural.

A Escola de Pastores responde a unha aposta por “profesionalizar o manexo do gando ovino e caprino, mellorar a rendibilidade das explotacións e reforzar a produción de alimentos de calidade ligados ao territorio”.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS