O exdirixente socialista e exministro de Transportes José Luis Ábalos vén de presentar ante a Mesa do Congreso a súa renuncia á acta de deputado por Valencia, segundo informou o propio Ábalos a través das súas redes sociais.
Nunha mensaxe publicada en X, afirma que, tras rexeitar o Tribunal Supremo o seu recurso de apelación e manterlle en prisión, decidiu deixar o escano na Cámara Baixa, onde foi deputado durante sete lexislaturas.
#EnElNombreDeÁbalos | Una vez resuelto por la Sala II del Tribunal Supremo mi Recurso de Apelación contra el Auto de Prisión, hoy he presentado ante la Mesa del Congreso mi renuncia al acta de diputado por València, dado que en todo este proceso he considerado que el respeto a… pic.twitter.com/GDYjUyHRjm
— EN EL NOMBRE DE ÁBALOS (@abalosmeco) January 28, 2026
Segundo relata, aínda foi privado dos seus dereitos e deberes como deputado, sempre “defendeu que tiña que prevalecer o dereito de representación e a inmunidade parlamentaria“, pero na súa actual situación procesual considera que “non pode continuar no escano”, polo que se centrará en exercitar o seu “dereito de defensa e o amparo” da súa inocencia.
A maiores, Ábalos dá as grazas aos valencianos que lle permitiron “servir o pobo español” e asegura queo seu obxectivo foi sempre “fortalecer a xustiza social, a liberdade, a igualdade e o pluralismo” como valores fundamentos dun Estado social e democrático de Dereito.

