Venres, Xaneiro 23, 2026
HomeNewsActualidadeA borrasca "Ingrid" deixa máis de 130 incidencias nas súas primeiras horas...

A borrasca “Ingrid” deixa máis de 130 incidencias nas súas primeiras horas na comunidade galega

Desde a medianoite, o 112 Galicia vén de rexistrar 136 incidencias relacionadas cos efectos dos episodios adversos que afectan nestes momentos á comunidade galega.

Na maior parte dos casos, concretamente 76, teñen que ver coa presenza de árbores ou polas nas vías de circulación; seguido de restos de accidentes e outros obxectos, que foron un total de 26 avisos.

A continuación, atópanse as actuacións dos servizos de emerxencias en materia de prevención de risco como apuntalamento de muros, limpeza de cunetas ou actuacións en fachadas. As incidencias por neve reducíronse a 4 casos, igual que a presenza de placas de xeo na estrada.

En canto ás provincias, o maior número de incidencias rexistrouse en Pontevedra, 69; seguida da Coruña, 54; Lugo, 8 e Ourense, 5.

Por outra banda, o 112 Galicia recolle que os concellos que se viron máis afectados ata o momento foron Vigo, 13; Pontevedra, 10; e Vilagarcía (4), na provincia pontevedresa. Na da Coruña, Narón,5; A Coruña, 4; e Boiro, 3. Por outro lado, en Ourense destaca o municipio de Ribadavia, con 3, e Boborás, con 1. En Lugo, o concello máis castigado pola meteoroloxía é Castro de Rei, con 2 casos.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS