miércoles, enero 21, 2026
InicioNewsActualidadePonteareas busca activar iniciativas contra a violencia de xénero na infancia

Ponteareas busca activar iniciativas contra a violencia de xénero na infancia

O Concello de Ponteareas vén de convocar a Mesa Sociosanitaria co obxectivo de dar continuidade á campaña “Detecta e Actúa”, deseñada en colaboración coa Subdelegación do Goberno e a Universidade de Vigo, unha iniciativa centrada na prevención e detección da violencia de xénero entre a poboación máis nova.

Na xuntanza participaron a alcaldesa Nava Castro; a concelleira de Benestar Social, Raquel Plana; o concelleiro de Ensino, Ricardo González; a comunidade educativa dos centro públicos e concertados, tamén do conservatorio municipal e as educadoras sociais do Programa de Emerxencia Social e Inclusión, financiado polo Fondo Social Europeo.

O encontro serviu para realizar un diagnóstico da realidade local e definir liñas estratéxicas de actuación que permitan avanzar de maneira decidida cara á erradicación desta lacra social.

Como resultado, o Concello de Ponteareas redactará un protocolo específico de actuación para infancia e mocidade, dirixido tanto a vítimas como a testemuñas de situacións de violencia, que será presentado á comunidade educativa como primeiro paso dun plan de acción máis amplo.

Así mesmo, o Concello abrirá a toda a comunidade educativa a Escola de Nais e Pais, creada no marco do programa “Apóiame educando”, dirixido a familias en risco de exclusión social. O seu obxectivo será traballar directamente coas familias para mellorar a convivencia e previr situacións de risco. Neste contexto, tamén se incorporará a figura da/do mediador/a familiar para a comunidade educativa, coa finalidade de detectar e abordar as problemáticas de maneira temperá e evitar conflitos de maior gravidade.

Tamén se traballará na implantación de dinámicas de detección nos centros
educativos
coa idea de establecer aquela máis axeitada en función do rango de idade á que vaia dirixida. Nesta liña de traballo porase en marcha programas formativos para o alumnado, seguindo o modelo xa implantado no IES Barral, unha iniciativa que promove a creación de axentes activos fronte á violencia de xénero entre a mocidade.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS