lunes, enero 19, 2026
InicioActualidadeDeportesO Celta fai oficial a venda de Tadeo Allende ao Inter Miami

O Celta fai oficial a venda de Tadeo Allende ao Inter Miami

A saída do xogador arxentino deixará 5 millóns de euros nas arcas do equipo vigués

O Celta anunciou oficialmente este luns a desvinculación definitiva de Tadeo Allende co equipo. O Inter Miami, club no que militou a préstamo o arxentino ao longo do ano 2025, contaba cunha opción de compra que, finalmente, acabou executándose para desexo de tódalas partes. No seu comunicado, o Celta resalta o «rendemento goleador sobresaínte» de Allende na MLS estadounidense e lembra os rexistros que deixa tralo seu paso por Vigo: 13 partidos oficiais, 3 goles e unha asistencia.

Pola súa banda, o Inter Miami no seu comunicado revela os detalles do novo contrato que vinculará a Allende co equipo floridense: asina por catro temporadas, ata xuño de 2030, mais a opción dunha quinta ampliable. Tamén nesa publicación se destaca o excelente nivel e cifras de Allende ao longo da pasada tempada: 54 partidos, 24 goles e 3 asistencias. Nove deses goles, ademais, servíronlle para obter o récord de anotacións dun xogador fóra da tempada regular (PlayOffs).

Aínda que ningún dos dous equipos fai referencia a cifras ou desembolsos nos devanditos comunicados estímase que a operación, sobre un 50% do pase do xogador (o outro 50% pertence aínda a Instituto de Córdoba), ronda os cinco millóns de euros. Unha suma que permite ao Celta recuperar a súa inversión inicial de catro millóns e medio de euros por Allende, aboados a Godoy Cruz, e incluso sumar un chisco máis para as súas arcas.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS