miércoles, enero 14, 2026
InicioNewsActualidadeO Pazo de Mos acolle a primeira reunión do ciclo “Vivindo as...

O Pazo de Mos acolle a primeira reunión do ciclo “Vivindo as parroquias”

O Concello de Mos celebrou a primeira reunión do ciclo “Vivindo as parroquias” no Pazo de Mos, unha iniciativa que ten como obxectivo reforzar o diálogo directo coa veciñanza e achegar a acción de goberno a cada parroquia do municipio.

Ao encontro asistiron a totalidade dos concelleiros e concelleiras do goberno municipal, encabezados pola alcaldesa, Nidia Arévalo, nunha «mostra do compromiso do Concello cunha xestión baseada na proximidade, a escoita e a participación cidadá».

Durante a reunión abordáronse asuntos de grande importancia para a parroquia, resolvéronse cuestións formuladas pola veciñanza e analizáronse tanto os proxectos xa executados como as actuacións que se atopan actualmente en marcha, permitindo un intercambio directo de información entre o goberno local e os veciños e veciñas.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, subliñou que estas reunións son clave para seguir mellorando o municipio. “Escoitar á xente e dar resposta ás súas inquedanzas é fundamental para seguir avanzando nun Mos máis cohesionado e máis forte”, asegurou a rexedora.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS