miércoles, enero 14, 2026
InicioNewsActualidadeCarmela López, elixida nova presidenta da Deputación de Lugo co apoio de...

Carmela López, elixida nova presidenta da Deputación de Lugo co apoio de José Tomé

A alcaldesa de Burela, a socialista Carmela López, vén de ser elixida como nova presidenta da Deputación de Lugo cos votos do PSOE, do BNG e do integrante do grupo mixto, o expresidente da institución José Tomé.

A rexedora contou co apoio de todos os deputados socialistas e do Bloque Nacionalista Galego, así como do propio José Tomé, que avanzou ao comezo do pleno que se sumaba á proposta do Grupo Socialista.

Pola súa banda, os populares apoiaron ao seu propio candidato, o portavoz do PP na institución provincial, Antonio Ameijide.

Deste xeito, socialistas e nacionalistas dan continuidade ao acordo de goberno que mantiñan na institución provincial ata que a principios do pasado mes de decembro o que era presidente, o aínda alcalde de Monforte José Tomé, renunciou á Presidencia e saíu das filas socialistas tras ser denunciado por suposto acoso sexual a través da canle interna que para iso habilitou o Partido Socialista.

Ao pleno asistiu tanto o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, como a presidenta dos populares de Lugo, Elena Candia.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS