miércoles, enero 14, 2026
InicioNewsActualidadeRenovada a cuberta da aula de Pousada do CRA de Vilaboa Consuelo...

Renovada a cuberta da aula de Pousada do CRA de Vilaboa Consuelo González Martínez

Esta actuación contou cun investimento da Xunta de preto de 47.000 euros

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá a Aula de Pousada do Cra de Vilaboa Consuelo González Martínez, onde a Xunta levou a cabo unha actuación de substitución da cuberta.

En concreto, as obras, que contaron cun orzamento de preto de 47.000 euros, permitiron colocar paneis metálicos tipo sándwich, formados por chapa de aceiro galvanizado con núcleo intermedio de espuma de poliuretano, con pendente a un auga .

Desta forma, a administración evita os problemas de filtracións que sufría o edificio e garante a comodidade e seguridade de alumnado e equipo docente.

O delegado territorial destacou a importancia deste tipo de actuacións e asegurou que a Xunta mantén “un compromiso claro coa calidade da educación pública galega e a idoneidade dos centros educativos”

Reguera rematou a visita facendo referencia á licitación das primeiras 16 obras en centros escolares galegos que a Xunta levou a cabo neste 2026. O delegado sinalou as tres obras de “gran importancia” licitadas na área territorial de Pontevedra:  CEIP O Seixo (Marín, 1,1 M€); CEIP Plurilingüe Pedro Antonio Cerviño (Campo Lameiro, 711.000 €); e CPI Aurelio Marcelino Rey García (Cuntis, 1,1 M€).

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS