miércoles, enero 14, 2026
InicioNewsActualidadeDeportes gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno...

Deportes gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

O secretario xeral para o Deporte, Roberto García, acompañado pola delegada territorial en Vigo, Ana Ortiz, participou na mañá de hoxe na presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes – Rande que comezará o vindeiro 31 de xaneiro co Real Club Náutico de Rodeira de Cangas como anfitrión. O mandatario galego sinalou “a importancia de desestacionalizar un deporte como a vela que hoxe conta con numerosos eventos nos meses de outono e inverno, como esta liga que dinamiza unha clase tan importante como os cruceiros na ría de Vigo”.

Roberto García destacou o apoio do Goberno galego a este evento, que foi iniciativa da Xunta en 2024, que xa vai pola súa terceira edición e no que participan medio centenar de embarcacións. Neste sentido destacou aos vencedores da recentemente rematada Liga de Outono nas diferentes clases: ‘Salaño Dos’, ‘Magical’, ‘Unus’ e ‘ Esquío’. 

O secretario xeral para o Deporte, Roberto García, fixo fincapé no apoio do Goberno galego a un evento, iniciativa da Xunta, e que xa vai pola súa terceira edición

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS