lunes, enero 12, 2026
InicioNewsComarcasPonteareas inicia a segunda fase do proxecto de asfaltado nas parroquias

Ponteareas inicia a segunda fase do proxecto de asfaltado nas parroquias

O Concello de Ponteareas continua coas obras de pavimentación de camiños no rural e executa en Guláns o proxecto de pavimentación do camiño de Valiñas desenvolto co apoio do Plan Camiña Rural da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia. As obras supoñen un investimento de 71.968,93€ nun camiño que dá acceso a máis de trinta fincas e permite conectar distintos barrios da propia parroquia, ademais de conectalos co centro de Guláns e tamén con outras parroquias. Explica o tenente de alcaldesa e edil de Vías e Obras, Juan Carlos González Carrera, «que en coordinación e colaboración coa traída de augas posibilítanse tamén tarefas de substitución de tubaxe nalgúns tramos, entre outros traballos».

Estas obras súmanse ás iniciadas no pasado mes de decembro financiadas ao abeiro do Plan +Provincia 2025 da Deputación de Pontevedra cun orzamento total de 203.238 euros que contemplan a intervención en A Serra (Arcos), Ganade (Areas), Camondes (Bugarín), contorna da Casa Cultural de Cumiar, A Portela e Castro (Padróns), rúa Magnolio no centro urbano e San Mateo de Oliveira. «Estas actuacións contribuirán a optimizar a mobilidade diaria e a incrementar a calidade de vida da veciñanza«, segundo explican desde a administración local.

Estas obras «responden á aposta do goberno municipal pola mellora das infraestruturas no rural, co obxectivo de garantir accesos axeitados aos fogares, facilitar o tránsito dos servizos de subministración e asegurar a mobilidade dos vehículos de emerxencia».

O tenente de alcaldesa, Juan Carlos González Carrera, visitou as obras e destacou que “a continuidade destas obras demostra o compromiso firme deste goberno co rural e coa atención ás demandas históricas da veciñanza. Uns accesos seguros e en bo estado son esenciais tanto para o día a día das familias como para garantir unha resposta rápida dos servizos de emerxencia”. González Carrera sinalou ademais que “nos vindeiros meses seguiremos actuando noutras parroquias, porque este é un compromiso claro e sostido deste goberno municipal”.

Pola súa banda, a alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, subliñou que “este tipo de investimentos forman parte dunha estratexia global de equilibrio territorial, coa que o Concello busca un desenvolvemento sostible, cohesionado e equilibrado de todas as parroquias, garantindo igualdade de servizos e oportunidades con independencia do lugar de residencia”.

Con esta nova fase, o Concello de Ponteareas reafirma «a súa aposta pola mellora continua das infraestruturas municipais e polo fortalecemento do rural como eixo fundamental do territorio».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS