Os Concellos de Arbo, As Neves e Crecentes veñen de constituir a recente Agrupación de Voluntarios e Voluntarias de Protección Civil «Ribeira do Miño», con sede en Arbo. A iniciativa, que xa ten aberta o prazo de inscrición, ten como principal obxectivo garantir a protección das persoas, os seus bens e a contorna ante situacións de emerxencia, catástrofes ou calamidades públicas, mediante a coordinación preventiva e operativa dos voluntarios.
A inscrición para formar parte da agrupación está aberta e non ten data de peche, permitindo así que calquera persoa interesada poida unirse en calquera momento. Os requisitos son ter máis de 18 anos e, segundo aseguran dende a organización, «ter ganas de axudar aos demais».
As persoas interesadas poden recoller a ficha de inscrición nas oficinas municipais de Arbo, As Neves ou Crecente, e deberán entregada xunto a unha fotocopia do DNI e os méritos que desexen aportar.
Para máis información sobre a inscrición, os e as interesadas poden escribir ao correo electrónico oficinas.concellodearbo@gmail.com ou acudir directametne ás oficinas municipais dos respectivos concellos.

