Investigan a un veciño de Baiona, de 81 anos, como autor dun delito de malos tratos animais tras disparar cunha escopeta de perdigóns a unha vaca do seu veciño. Tamén está sendo investigado por delito de lesións.
Os feitos tiveron lugar no municipio pontevedrés o pasado 3 de xaneiro e foron denunciados polo propietario do animal. A vaca atopábase no momento da trifulca pastando nunha leira lindeira ao domicilio do investigado.
Ao percatarse da situación, o dono da vaca accedeu ao recinto do domicilio do seu veciño coa intención de evitar que continuase disparando e tratar de retirarlle a arma. Durante o forcexo, o denunciante resultou ferido e precisou asistencia médica posteriormente.
Os axentes da Garda Civil comisaron a arma utilizada polo ancián, unha carabina de aire comprimido, e comprobaron que non estaba rexistrada. Deste xeito, a escopeta carecía da correspondente tarxeta identificativa, incumprindo a normativa vixente en materia de armas.
As dilixencias instruídas foron remitidas ao tribunar de instrución en funcións de garda de Vigo, quedando o investigado a disposición xudicial.

