miércoles, enero 7, 2026
InicioNewsChoiva de millóns no Porriño!: Chegaron a vila case tódalas series do...

Choiva de millóns no Porriño!: Chegaron a vila case tódalas series do segundo premio do Neno

O X de la Suerte reparte 24 millones de euros do segundo premio e 200.000 euros do segundo

O Porriño hoxe vive un día histórico tras repartirse 24 millóns de euros do segundo premio da Lotería do Neno. A fortuna chegou ao municipio a través de pequenas participacións correspondentes ao número 45.875, xestionadas polo establecemento “El X de la Suerte” e vendidas por catro estudantes do IES Ribeira do Louro para financiar a súa excursión de fin de curso.

O premio, correspondente ao segundo premio do Sorteo Extraordinario da Lotería do Niño, está dotado con 750.000 euros por serie (75.000 euros por décimo). A ampla distribución das participacións fixo que a sorte chegase a numerosas familias do municipio, xerando unha alegría colectiva poucas veces vista no pobo.

Ademais, O Porriño tamén foi agraciado co primeiro premio, o número 06.703, dotado con 2 millóns de euros por serie (200.000 euros por décimo), que estivo moi repartido en diferentes puntos de Galicia e do resto do Estado, reforzando aínda máis o protagonismo da localidade neste sorteo.

Dende o sorteo, a noticia correu rapidamente polas rúas do municipio, onde non se lembraba un premio desta magnitude. Trátase da maior cantidade repartida ata o de agora no Porriño, que nunca antes fora escenario dun premio tan elevado da Lotería do Neno nin en ningún outro sorteo.

A administración “El X de la Suerte”, situada na rúa Ramón González, converteuse no epicentro da celebración, cun ambiente de satisfacción e emoción compartida entre veciñanza, os alumnos e amigos, que viviron unha xornada marcada pola ilusión e pola sensación de ter escrito unha páxina histórica para o concello.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS