Hoxe as SS.MM. os Reis Magos de Oriente percorrerán os municipios do Condado, Paradanta, Louriña e Baixo Miño. Chegarán aos municipios co fin de saudar aos máis pequenos antes da noite máis máxica do ano.
Consulta aquí os horarios e os lugares dos desfiles:
O Condado e Paradanta
PONTEAREAS
As Súas Maxestades chegarán ao centro urbano ás 12:00 horas, cando terá lugar a recepción real. A partir das 18:00 horas percorrerán as rúas da vila, na Cabalgata de Reis acompañados da Rondalla de Valladares.
SALVATERRA DE MIÑO
Os Reis Magos de Oriente recibirán á cativada na Casa de Cultura de Salvaterra de Miño a partir das 16 horas, onde outorgarán aos nenos e nenas caramelos. A maiores, haberá chocolate quente, tamén sen glute, para todos os asistentes.
MONDARIZ E MONDARIZ BALNEARIO
Os Reis Magos farán un percorrido polo Concello de Mondariz e Mondariz Balneario dende ás 17:00 horas. A saída terá lugar no Cemar, desprazándose ata o Concello de Mondariz Balneario onde terá lugar o recibimento polas danzas de Reis de Riofrio. Tras o recibimento, achegaranse ao Concello de Mondariz e tras ese recibimento desprazaranse ao Pavillón de Mondariz onde haberá animación, Danzas de Reis, chocolatada e inchables.
Ademáis, haberá un tren para que cativos e cativas poidan achegarse dende Mondariz Balneario.
AS NEVES
Os Reis Magos percorrerán a vila de As Neves dende ás 16:30 horas. A saída terá lugar dende o Montesol e realizarán un percorrido pola vila ata a Praza Maior onde se entregarán os agasallos.
ARBO
A Cabalgata de Reis sairá dende o Pavillón Municipal ás 18 horas. Os Reis chegarán á Praza do Concello acompañados de personaxes Disney. Á noite, a partir das 22:30 horas terá lugar a Festa de Reis na Praza do Consistorio co Trio 3.com.
COVELO
Os Reis e Raíñas chegarán a Covelo o día 6 de xaneiro facendo un percorrido por todas as parroquias. Horario aproximado de chegada a cada parroquia na seguinte imaxe:

Louriña
PORRIÑO
Os Reis Magos de Oriente chegarán ao Porriño en camello, acompañados dos paxes reais, as tres Rondallas do municipio, o Tren do Nadal, o espectáculo de
Pablo Méndez e un colorido desfile composto por catro carrozas. O percorrido dará comezo ás 18 horas polas rúas da vila.
Ao remate, os reis trasladaranse á cúpula do Nadal situada no Parque do Cristo.
MOS
A cabalgata mosense dará comezo ás 18:00 horas e percorrerá a Avenida de Sanguiñeda, desde a Ponte de Senlle ata o supermercado Eroski. Estará composta por tres carrozas reais e doce pertencentes a diferentes asociacións do municipio; así como das Rondallas mosenses.
SALCEDA DE CASELAS
A Cabalgata de Reis de Salceda de Caselas percorrerá ás rúas da vila dende ás 18 horas. A saída terá lugar na Devesa e chegará á Praza do Concello.
Ademais, contará coa participación da Asociación Xuvenil Nós Somos Nós, Asociación Xuvenil Entroido, Asociación Cultural Talismán, Asociación Centro Cultural O Borralliño, Asociación Amigos do Carnaval, Asociación Cultural e Deportiva San Xurxo e a Asociación Veciñal San Tomé de Parderrubias.
Baixo Miño
TUI
A Cabalgata Internacional Tui-Valença partirá dende as Cortinas de Sao Francisco en Valença ás 17 horas. O percorrido chegará á Ponte Internacional e seguirá polas rúas tudenses ata chegar á rúa Compostela.
Os Reis Magos irán acompañados das carrozas de Arume de Malvas, Aloia de Pazos de Reis, Lembranzas de Guillarei e Xuntanza de Randufe; ademais da Rondalla O Mosteiro de Pexegueiro e as charangas tudenses Cantos Somos e A Tu Ritmo.
TOMIÑO
As Súas Maxestades realizarán un percorrido polas parroquias do municipio. Horarios e lugares de visita na seguinte imaxe:

O ROSAL
Os Reis Magos visitarán a Praza do Calvario dende as 17 horas para recibir aos nenos e nenas do municipio. Ademais, haberá chocolate e pintacaras.
A GUARDA
Dende ás 16:30 horas os Reis Magos percorrerán as parroquias da vila, chegando ás 17:30 ao centro do municipio. Onde fará un percorrido polas rúas dende a Alameda ata a Casa dos Alonso, onde se realizará a recepción.
OIA
A cabalgata real de Oia percorrerá todas as parroquias da vila durante toda a xornada desta véspera de Reis, que comezará en A Portela ás 11 horas e rematará e Mougás a partir das 19 horas.

