viernes, enero 2, 2026
InicioNewsComarcasPonteareas presenta o calendario 2026: 365 días de homenaxe ás súas  parroquias...

Ponteareas presenta o calendario 2026: 365 días de homenaxe ás súas  parroquias e á identidade cultural 

O Concello de Ponteareas vén de presentar o calendario municipal 2026, baixo o título Ponteareas no tempo, unha  edición está dedicada ás 24 parroquias do municipio e pon o foco no valor do rural  como espazo de memoria, identidade e tradición. 

O tenente de alcaldesa e concelleiro de Cultura, Juan Carlos Glez Carrera, destacou  durante a súa intervención que o calendario “non é só unha ferramenta práctica para  organizar o día a día, senón tamén unha maneira de mostrar quenes somos como vila e de poñer en valor o noso patrimonio material e inmaterial”.  

Subliñou ademais que “Ponteareas no tempo” é unha invitación a recoñecer o papel  fundamental das parroquias na construción da identidade colectiva, salientando o  rural como “un modelo de vida que conserva a memoria e mantén vivas as tradicións  propias”. 

Desde o Concello, explicou, apóstase por proxectos que chegan a todos os fogares  e contribúen a reforzar o sentimento de pertenza, agradecendo o traballo das persoas  e entidades que fixeron posible esta edición, así como a colaboración das  pandereteiras de Pedra da Garza, que puxeron a nota musical ao acto. 

Pola súa banda, a alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, sinalou que esta  presentación “xa se converteu nunha cita fundamental de final de ano” e que o  calendario “representa moito máis ca doce meses: simboliza o compromiso deste goberno municipal coa cultura, coa identidade propia e coa posta en valor do  patrimonio cultural, social e humano de Ponteareas”. 

A alcaldesa puxo en valor o labor da Concellería de Cultura e das asociacións e  colectivos culturais que manteñen viva a tradición, e destacou a importancia de que iniciativas coma esta cheguen a toda a veciñanza. “O reparto dos calendarios é un xesto simbólico, pero moi significativo, porque permite compartir cultura, identidade e  orgullo de vila con cada fogar”, afirmou. 

Durante o acto proxectouse tamén un vídeo explicativo no que se detalla o contido  das imaxes que acompañarán mes a mes ao longo de 2026. 

Todas as persoas interesadas poderán recoller o seu exemplar do calendario 2026  Ponteareas no tempoa partir do venres 2 de xaneiro, tanto na Biblioteca Municipal  como na Casa do Concello.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS