viernes, enero 2, 2026
InicioO PaísA CoruñaNova edición do programa "Renova o teu vehículo" para a compra de...

Nova edición do programa «Renova o teu vehículo» para a compra de turismos ou furgonetas de baixas emisións

A Xunta de Galicia vén de anunciar que convocará durante este mes de xaneiro, a través do INEGA, unha nova edición do programa Renova o teu vehículo para a compra de turismos ou furgonetas eléctricas ou de baixas emisións dirixido a particulares e empresas.

O programa conta cun orzamento de 3,5 millóns de euros e prevé que permita a adquisición duns 1.600 automóbiles eficientes. As axudas poden chegar ata os 4.000 euros, incluso os 4.600 no caso de familias numerosas.

Os concesionarios deberán adherirse como entidades colaboradoras para poder participar na campaña. O prazo xa está aberto e será a Administración galega quen faga directamente o pagamento da axuda ao establecemento de venda. Así, o beneficiario recibirá o desconto no momento da adquisición.

Esta subvención apoia a adquisición de turismos ou furgonetas cun custo non superior aos 47.000 euros se se trata dun automóbil eléctrico. Ademais, para beneficiarse da axuda será preciso acreditar a baixa defiinitva de circulación dun vehículo, que irá ao despezamento, cunha antigüidade de, polo menos, dez anos no caso dun turismo ou de cinco se é unha furgoneta.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS