lunes, diciembre 29, 2025
InicioNewsRelevo no goberno galego: Cesan tres altos cargos de Medio Rural

Relevo no goberno galego: Cesan tres altos cargos de Medio Rural

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, vén de anunciar, logo da reunión semanal do Consello, seis relevos no seu goberno galego. Entre eles, tres pertencen ao departamento de Medio Rural nun contexto marcado por un dos peores anos en canto a incendio forestais se refire.

Así, o Consello da Xunta aprobou na súa reunión de hoxe varios cambios na Consellería do Medio Rural. Cesan, a petición propia, o secretario xeral técnico, Jorge Atán, e os directores xerais de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, e de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan.

Na súa substitución, o Goberno galego decidiu nomear a Marta Forés Lojo como nova secretaria xeral técnica da Consellería, a Manuel Francisco Gutiérrez como director xeral de Defensa do Monte e a Luisa Piñeiro Arcos como directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal.

Ademais dos ceses na Consellería de Medio Rural, tamén deixa o cargo, «a petición propia» o ata agora secretario xeral para o Deporte José Ramón Lete Lasa. Será o coruñés Roberto García quen o sustitúa.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS