O líder do PSOE en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, anuncia que o partido exixe ao alcalde do municipio ourensán de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel Doval, que entregue a súa acta como rexedor e como deputado provincial.. E é que unha militante vén de denuncialo por un suposto acoso laboral.
Nunha conferencia de prensa convocada de maneira urxente, Gómez Besteiro explicou que a militante interpuxo unha dobre denuncia “ya que trasladou este caso á dirección provincial do PSOE de Ourense e tamén mediante a canle interno do partido”.
Na denuncia, a muller apunta que foi víctima de acoso laboral como represalia por “denunciar un acoso sexual por parte dun concelleiro” hai meses.

