martes, diciembre 16, 2025
InicioNewsO profesorado en Galicia protesta con "marchas fúnebres" polos recortes en Educación

O profesorado en Galicia protesta con «marchas fúnebres» polos recortes en Educación

O profesorado do ensino público en Galicia están en folga. O paro, convocado polos sindicatos maioritarios CIG e STEGE, comezara este martes 16 de decembro e prolongorase ata a próxima xornada, 17 de decembro. Así en 20 cidades galegas terán lugar marchas fúnebres para escenificar o «enterro da educación pública en Galicia».

Unha desas localidades onde os profesores e as profesoras pedirán melloras laborais é o municipio pontevedrés de Ponteareas. Será a partir das 19:00 horas cando percorrerán as rúas da vila para rematar no Concello co obxectivo de reclamar que se apliquen «xa as medidas de mellora no ensino e nas nosas condicións laborais, que levamos anos reclamando». Entre outras cuestións, reclaman reducir ratios, incrementar o número de profesorado, en particular aqueles do departamento de pedagoxía terapéutica.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS