O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, vén de anunciar, tras coñecerse a existencia de denuncias de acoso sexual contra el, a súa dimisión dese cargo. Con todo, non deixará as súas funcións como alcalde do municipio de Monforte de Lemos. Pasará ao grupo de non adscritos.
Nunha rolda de prensa, Tomé afirmou que deixa o seu cargo de forma voluntaria, por «responsabilidade» e para facilitar a súa defensa.
«Todo é mentira»
José Tomé asegurara esta mañá que «todo o que saíu» sobre acusacións de acoso sexual contra el a través das canles internas do partido é «falso» e anunciou que adoptará «accións legais«.
«É mentira«, dixo Tomei nunha conferencia de prensa que fora convocada previamente polo Concello de Monforte de Lemos para presentar un novo servizo de bus na zona rural do municipio.

