O Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela valorou positivamente o acordo consensuado entre as universidades galegas e as Consellarías de Sanidade e de Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Decidiu ademais abrir un diálogo coa Facultade de Medicina e Odontoloxía para tratar de acadar un punto de consenso que permita a súa incorporación ao acordo proposto traballando no marco da Comisión de Seguimento.
Deste xeito, trátase de asegurar os obxectivos que figuran no marco do actual convenio ao tempo que se abre a posibilidade de, conforme avance a definición das cuestións técnicas do mesmo, se atendan e incorporen asuntos que a Facultade sinala esenciais que requiren de consenso coas outras partes asinantes do acordo.
Así, o reitor da Universidade de Santiago de Compstela, Antonio López, reitera «o positivo do acordo», pero recoñece que para que sexa «válido» debe contar coa participación da facultade.

