miércoles, noviembre 26, 2025
InicioNewsGardacostas comisa 720 cacharros e libera 117 quilos de polbo de pequeno...

Gardacostas comisa 720 cacharros e libera 117 quilos de polbo de pequeno tamaño na Guarda

O servizo autonómico de Gardacostas de Galicia comisou 720 cacharros para a captura de polbo, nun operativo realizado pola patrulleira Mar de Galicia a 4 millas ao oeste do porto da Guarda. No interior destes aparellos de pesca foron atopados 117 quilos do cefalópodo, de pequeno tamaño, que foi devolvo ao mar.

Esta actuación está enmarcada nos labores de control e vixilancia que se realizan desde este departamento, que depende da Consellería do Mar, co obxectivo de velar polo cumprimento do plan de explotación da especie na nosa comunidade.

Os axentes destacan a cantidade e talla da especie liberada como «un bo sinal da reprodución do cefalópodo en augas galegas». Nesta liña, resaltan a importancia deste tipo de accións que «contribúen á explotación sustentable deste importante recurso pesqueiro do que foron capturadas este ano 1.218 toneladas por valor de máis de 12,8 millóns de euros, uns ingresos que medraron respecto ao 2024 en preto dun 21 %».

Ría de Vigo e A Guarda

Este servizo leva retirados no que vai de ano 14.000 cacharros por todo litoral galego, o 88 % entre a ría de Vigo e A Guarda, contribuíndo á explotación sustentable dunha especie moi relevante para a frota da comunidade.  Un traballo que tivo especial incidencia «no período de parada biolóxica e veda, nos meses de abril e de maio e xuño respectivamente, para facilitar a recuperación do recurso». Desde o servizo de Gardacostas recordan que os presuntos infractores están expostos a ser sancionados e mesmo á retirada do permiso de explotación (permex).

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS