miércoles, noviembre 26, 2025
InicioNewsA familia do dictador Francisco Franco asumirá o custo do traslado das...

A familia do dictador Francisco Franco asumirá o custo do traslado das estatuas do Mestre Mateo a Santiago

A portavoz do Goberno local de Santiago de Compostela, Miriam Louzao, vén de confirmar que a familia do dictador Francisco Franco correrá co gasto de 4.350 euros de trasladar as estatuas do Mestre Mateo desde o Pazo de Meirás, en Sada, á capital de Galicia este mesmo mes de decembro.

En rolda de prensa, Louzao explicou que a reunión semanal do Goberno municipal deu luz verde ao acordo ao que se chegou coa representación procesual da familia Franco para a execución da sentenza emitida polo Tribunal Supremo o 18 de xuño de 2025, segundo a que o Concello “recupera as esculturas do Mestre Mateo expoliadas durante a ditadura”.

En virtude deste acordo, a familia do dictador asume os gastos do traslado das estatuas que se atopan no Pazo de Meirás, que ascenden a 4.350,77 euros, unha vez que a súa representación comunicou o 8 de xullo a súa vontade de cumprir voluntaria e totalmente coa sentenza ditada polo Tribunal Supremo.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS