Venres, Febreiro 27, 2026
HomeNewsAtresmedia Cine filma en Ponteareas a historia de "A morte dos teus...

Atresmedia Cine filma en Ponteareas a historia de “A morte dos teus ollos”

“Galicia, anos 90. Deza, un policía nacional suspendido desde hai tres anos intenta facer de novo a súa vida e recuperar a súa familia. Todo cambia cando Estrada, un axente corrupto, aproveita a inestabilidade laboral de Deza e proponlle un golpe: roubar unha importante suma de diñeiro a un empresario local. O que parecía unha saída fácil convértese nun pesadelo onde nada sae segundo o previsto”. Esta é a trama da película “A morte nos teus ollos”, un thriller inspirado en feitos reais que a produtora Atresmedia Cine filma hoxe e mañá no municipio de Ponteareas, entre outras localizacións da provincia de Pontevedra.

Onde?

Segundo puido saber o equipo de Si Radio, o equipo estará durante este martes 25 de novembro e mañá, mércores 26 de novembro, na vila do Tea. De xeito máis concreto, na Estación de Autobuses da localidade. Será a única localización de Ponteareas que apareza no traballo final. As cámaras e o elenco de actores e de actrices desprazarase, durante as próximas seis semanas, a varios puntos das comarcas de Vigo e de Pontevedra.

Guillermo Olvieira

Trátase do salto á longametraxe de ficción do vigués Guillermo Oliveira. Tal e como indican desde a Academia do Cine, “A morte nos teus ollos” narra a historia dunha familia no marco dun relato de corrupción, redención, violencia, cobiza e culpa, “un reparto encabezado por Pepe Lorente e Iván Marcos“.

A historia de “A morte nos teus ollos” desenvolveuse na cuarta edición do programa Residencias de la Academia de Cine e conta coa producción de Atresmedia Cinema, Sideral e Sétima.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS