Despois de 12 edicións, Taninos Runners Ponteareas anuncian que, este ano, non celebrarán a tradicional San Silvestre Solidaria. Segundo explican, trátase dunha decisión «que non foi fácil de tomar» e que responde a un «acto reivindicativo» posto que o Concello non escoitou as súa peticións para deseñar unha pista de atletismo «de xustiza».
Podes escoitar a etnrevista con César, de Taninos Runners, aquí:
O equipo de informativos de Si Radio púxose en contacto co Concello de Ponteareas, pero, desde o departamento de comunicación, rexeitaron facer declaracións sobre a cancelación da San Silvestre Solidaria.

