miércoles, noviembre 19, 2025
InicioNewsO acelerador de protóns do Centro de Protonterapia de Galicia chega esta...

O acelerador de protóns do Centro de Protonterapia de Galicia chega esta fin de semana: O primeiro público de España

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe a chegada esta fin de semana do acelerador de protóns, para o que xa se están formando unha vintena de profesionais, que permitirá que a galega sexa a primeira sanidade pública en España cun Centro de Protonterapia.

Durante a sesión de control no Pleno do Parlamento de Galicia en resposta ás preguntas dos grupos parlamentarios, o titular do Executivo galego destacou que a aprobación dos Orzamentos do 2026, os maiores da historia de Galicia, permite “resolver os problemas das persoas” apoiando ás familias, “á xente con menos recursos económicos”, á mocidade “empezando polo acceso á vivenda”, aos maiores, dependentes e concellos.

Segundo salientou o presidente, “a sanidade pública, con todo o que hai que seguir mellorando, é excelente”, e sinalou que os novos orzamentos tamén van permitir continuar subindo o investimento en sanidade ata os 5.671 millóns de euros.

No que respecta á atención primaria, Rueda subliñou que a Xunta está a poñer en práctica «medidas para seguir mellorándoa e destacou que a sanidade pública galega foi a primeira en ofrecer prazas fixas con concurso de méritos, en ter un sistema para prazas de difícil cobertura e en ofrecer contratos estables de tres anos ao persoal MIR ao rematar a súa formación».

Ademais, o presidente do Goberno galego salientou a incorporación de novos servizos como os nutricionistas, o reforzo da atención á saúde mental en atención primaria coa incorporación de 21 novos psicólogos clínicos en 2026 ou a adquisición de equipos de última tecnoloxía para os centros.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS