miércoles, noviembre 19, 2025
InicioNewsDani Fernández actuará na Coruña o 2 de maio e en Pontevedra,...

Dani Fernández actuará na Coruña o 2 de maio e en Pontevedra, o 20 de agosto

O artista Dani Fernández actuará en dúas cidades galegas o próximo ano 2026. E é que o cantante vén de anunciar as datas da xira «La insurrección» coa que, segundo dixo nas redes sociais, despídese durante «un tempo dos escenarios, así que Madrid será a última cidade en España. Aínda que algúns medios publicasen algún que outro titular dramático, simplemente vou descansar un tempo de estar tan presente (levamos 9 anos de xira seguidos) e aproveitar para estar con Belice, inspirarme, viaxar, tomar enerxía e preparar o novo. Como sempre se fixo aínda que o ritmo actual da industria tente impoñer outra cousa. Pero volverei, xa sabedes que non sei vivir sen a música».

Cando actúa Dani Fernández en Galicia no 2026?

O artista Dani Fernández actuará en Galicia no 2026 o próximo 2 de maio, na Coliseum da Coruña e o 20 de agosto na Explanada do Recinto Ferial en Pontevedra. As entradas sairán á venda o xoves 20 de novembro, a partir das 17:00 horas, a través de Enterticket.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS