lunes, noviembre 17, 2025
InicioNewsActualidadeO proxecto de mellora do Campo de Fútbol de Louredo, gañador dos...

O proxecto de mellora do Campo de Fútbol de Louredo, gañador dos orzamentos participativos «Mos Decide»

O Concello de Mos culmina con éxito o seu primeiro proceso de orzamentos participativos “Mos Decide”, un proxecto pioneiro de democracia directa que «converte ao municipio nun dos poucos de toda España que deron este paso decidido cara á participación cidadá real», aseguran dende o goberno municipal.

Tras o peche do proceso de votación, o proxecto “Mellora no Campo de Fútbol de Louredo” resultou o máis votado entre as once propostas finalistas presentadas pola veciñanza mosense, elixido de forma libre e transparente a través da plataforma https://decide.mos.es. Esta proposta gañadora ten un orzamento de 200.000 euros e propón a realización dunha mellora integral neste campo de fútbol municipal.

O número total de votos emitidos neste proceso participativo foi de 2.247 votos, o que supón o 14,87% de porcentaxe de participación en Mos Decide 2026. A proposta do campo de fútbol de Louredo resultou gañadora con 541 votos.

En canto ás propostas máis votadas, en segundo lugar nas votacións finalizou o proxecto do aparcamento público na contorna do Pazo de Mos, Parque Pesqueira e Paseo do Louro, con 368 votos (16,39%) e, en terceiro lugar, finalizou o da mellora da seguridade e humanización dende a Capela San Amaro a Arrubial, con 305 votos (13,58%). En ámbolos dous casos o orzamento ascendía aos 200.000 euros.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, destacou que “Mos Decide” é “un fito histórico para o noso municipio e un exemplo de confianza plena na cidadanía. Moi poucos concellos en España deron un paso tan ambicioso e comprometido coa participación veciñal. Mos está a facer historia coas persoas no centro das decisións”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS