domingo, noviembre 16, 2025
InicioNewsDescarrila nas Neves un tren de mercadorías que tiña como destino Vigo

Descarrila nas Neves un tren de mercadorías que tiña como destino Vigo

Sobre as 19:15 horas, os veciños e as veciñas das Neves escoitaron un forte ruido. E é que un tren de mercadorías, que transportaba grandes bovinas de aceiro inoxidable, descarrilou no barrio da Estación. Concretamente, á altura da fábrica Madeiras Vial. Segundo comprobou o equipo de informativos de Si Radio, non hai feridos. O maquinista saiu polo seu propio pé.

O tren, que pertence á firma nacional CAPTRAIN, partiu desde Monforte e tiña como destino a cidade de Vigo. Descarrilou a parte tractora máis outros convois dun total, segundo indicaron fontes do caso, de 18. Todo apunta a que colisionou contra o muro da empresa que se localiza nas inmediacións da Estación, Madeiras Vial. As bovinas quedaron espalladas pola contorna.

Finalmente, o conductor, que nun primeiro momento estaba encarcerado, puido sair polo seu propio pé. Foi trasladado polos equipos de emerxencias ao centro hospitalario de referencia para mantelo en observación, aínda que non presentaba grandes danos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS