viernes, noviembre 14, 2025
InicioNewsActualidadeSalvaterra de Miño convértese no centro neurálxico dos espumosos coa nova distinción...

Salvaterra de Miño convértese no centro neurálxico dos espumosos coa nova distinción de Festa do Espumoso Galego

Decembro chega con moi boas novas a Salvaterra de Miño. A vila milenaria acolle, como é habitual, durante a primeira fin de semana do mes de decembro a Festa do Viño Espumoso, que nesta edición dá un paso máis alá e se transforma oficialmente na Festa do Espumoso Galego. 

Este cambio de denominación chega da man da Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), co obxectivo de impulsar e dar visibilidade ao sector elaborador de viños espumosos producidos en Galicia. 

A festa celebrarse os días 5, 6 e 7 de decembro no recinto amurallado de Salvaterra de Miño, un espazo emblemático que volverá acoller unha gran carpa destinada aos principais protagonistas: os viños espumosos galegos. Alí, as adegas participantes ofrecerán as súas mellores creacións, acompañadas de tapas, doces e cafés, nun espazo que combina a enoloxía, a gastronomía e a boa música. 

O obxectivo é apostar pola diversificación, innovación e posta en valor dos viños galegos, reforzando a súa presenza tanto nos mercados interiores como nos exteriores. Deste modo, Salvaterra convértese durante tres días no escaparate perfecto para os viños espumosos elaborados baixo as denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas galegas.

A programación completarase con actuacións musicais e outras propostas culturais que animarán a celebración ao tempo que se poñen en valor os viños espumosos da comarca e de toda Galicia.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS