jueves, noviembre 13, 2025
InicioNews‘Punto Nemo’ avanza na filmación en Galicia da súa segunda tempada para...

‘Punto Nemo’ avanza na filmación en Galicia da súa segunda tempada para Amazon Prime Video

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, visitou hoxe o equipo de Punto Nemo 2 durante a filmación de varias escenas na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela, unha das localizacións galegas da segunda temporada desta serie de Prime Video, coa compañía Ficción Producciones á fronte.

O titular de Cultura do Goberno galego tivo a oportunidade de felicitar persoalmente a produtora Mamen Quintas pola renovación de Punto Nemo por catro novos episodios, para os que o proxecto acaba de obter unha subvención de 350.000 euros a través do fondo da Xunta para a atracción de rodaxes a Galicia. Esta é a quinta concesión ao abeiro da convocatoria de 2025, dotada con 2,2 millóns de euros para incentivar a filmación na nosa Comunidade de novas longametraxes e series de ficción tanto por parte de produtoras galegas como do resto de España e Europa. Esta liña de apoio, aínda en marcha, está cofinanciada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.

No Grove

López Campos comprobou o avance da filmación de Punto Nemo 2, que vén de desenvolver varias semanas de traballo na batería de Porto Cuances, no concello pontevedrés do Grove, e contará tamén con localizacións en Canarias e Portugal. O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, acompañouno nesta visita, durante a que saudaron, así mesmo, o director, Álex Rodrigo, e os intérpretes Maxi Iglesias, Sara Matos, Margarida Corceiro e Nüll García, entre outros.

Coproducida xunto á compañía portuguesa Ukbar Filmes, esta segunda temporada continúa desenvolvendo a historia de suspense e ciencia ficción arredor dos superviventes da expedición oceanográfica que centrou os seis primeiros episodios, estreados o pasado mes de marzo na plataforma Prime Video, con Óscar Jaenada, Maxi Iglesias, Alba Flores e Nawja Nimri á cabeza do reparto.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS