lunes, noviembre 10, 2025
InicioNewsActualidadeSalceda acada preto de 70.000 euros para paliar os danos ocasionados polos...

Salceda acada preto de 70.000 euros para paliar os danos ocasionados polos incendios deste verán

A Alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, e o Conselleiro de Presidencia da Xunta de Galicia, Diego Calvo, veñen de asinar o convenio de colaboración entre as dúas entidades para o financiamento dos gastos extraordinarios causados polos incendios forestais que afectaron a Galicia, e concretamente a Salceda, o 6 de agosto de 2025.

Ese día produciuse un lume na parroquia da Picoña que foi declarado como nivel 2 pola súa cercanía ás vivendas nos barrios de Pedrapinta e Loureiro. Ante a convocatoria realizada pola Xunta de Galicia, o Concello solicitou unha axuda para poder asfaltar as estradas municipais máis danadas naquela ocasión, nos barrios de Pedrapinta e Loureiro, achegando unha valoración técnica de 69.591,81€ que será asumida na súa totalidade pola administración autonómica a través do convenio que se acaba de asinar.

Loli Castiñeira, alcaldesa de Salceda, quixo agradecer a dilixencia da Xunta de Galicia en convocar e resolver estas axudas, que nesta ocasión van favorecer fundamentalmente á veciñanza da parroquia da Picoña, que recuperará dous viais actualmente en mal estado. “O noso rural merece ser ben atendido, polo que dende o Concello seguiremos a solicitar todas aquelas axudas que contribúan á mellorar a calidade de vida nas nosas parroquias”, aseguraba a rexedora.

No caso do incendio que afectou ao Concello, a maior parte dos danos producíronse no monte comunal da Picoña, a pesares de ser un exemplo na ordenación e limpeza do seu terreo. Pero tamén a rede viaria municipal se viu afectada, polo que o Concello concurriu ás axudas destinadas ás administracións locais para poder recuperar as estradas mencionadas. O
proxecto atópase nestes momentos na fase inicial da licitación, prevéndose que durante o mes de decembro comecen as obras de asfaltado das estradas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS