O reloxo marcaba ás 9:30 horas desta maña, cando o 112 recibía o aviso dunha colisión entre un coche e un camión na PO-403, entre o kilómetro 1 e 2, no Concello de Salvaterra de Miño.
Tras o choque, a muller que manexaba o coche, tivo que ser axudada polos bombeiros para abandoar o vehiculo. Desde o 112 Galicia informan que «non tivo que ser excarcelada, pero si precisou de axuda para sair xa que tiña mobilidade reducida». Finalmente, foi trasladada ao hospital en ambulancia.
Pola súa parte, o conductor do camión non precisou de asistencia médica.

