viernes, noviembre 7, 2025
InicioNewsA RaiaPistoletazo de saída ao Nadal: Viana do Castelo inaugura esta fin de...

Pistoletazo de saída ao Nadal: Viana do Castelo inaugura esta fin de semana o seu alumeado

A vila lusa de Viana do Castelo adiántase á cidade olívica no acendido das luces de Nadal. Viana inaugurará a súa iluminación de nadal nas súas rúas este sábado 8 de novembro, ás 19 horas [ES].

A cidade manterá a máxica iluminación de Nadal ata o día 12 de xaneiro de 2026. Tal e como informou a Camara Municipal de Viana «serán alumeados cerca de 36 locais, entre prazas, rúas, avenidas, igrexas e entradas da cidade» co que se busca promover «o centro histórico da vila e dinamizar a economía local».

Horarios

As luces serán encendidas dende domingo ata xoves das 18 ás 23 horas [ES]. Durante o venres e o sábado, o alumeado estará encendido ata ás 01:00 horas [ES] da madrugada.

A maiores, haberá espectáculos multimedia na Avenida dos Combatentes da Grande Guerra e no Árbore de Nadal situado no anfiteatro do Xardin da Marina.

Os espectáculos unen son e luz e comezarán ás 19, 20, 21, 22, 23 horas; ás 00:00 e ás 01:00 horas os venres e sábados, na avenida principal. Na árbore de nadal, o show dará comezó ás 19:30, 20:30, 21:30 e 22:30; tamén ás 23:30 e 00:30 os venres e sábados.

Próximas inauguracións

Vigo será a seguinte cidade en acender o seu alumeado de Nadal. A cidade olívica prenderá a maxia o vindeiro sábado 15 de novembro co seu tradicional Cíes Market, ao que se suma o Viala On Ice con diversas actividades como pista de xeo de 540 metros cadrados, mercadillo, tren de nadal, tobogán de neumáticos, entre outros.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS