O Concello de Vigo vén de informar de que hoxe, venres 7 de novembro, comeza a montaxe da noria na confluencia das rúas Colón e Areal polo que se establecen novas medidas de mobilidade nos seguintes puntos debido á ocupación da vía pública:
- Corte do tráfico na rúa Areal, entre as rúas Pontevedra e Colón
- As prazas de aparcadoiro para persoas con mobilidade reducida serán desprazadas da rua Colón á rúa Rosalía de Castro.
- Na rúa Rosalía de Castro establécese dobre sentido entre as rúas Pontevedra e Colón exclusivo para residentes.
- Nova sinalización do tráfico nos accesos á zona de montaxe.

