miércoles, noviembre 5, 2025
InicioNewsMedio Rural abre as comunicacións para as queimas agrícolas e as solicitudes...

Medio Rural abre as comunicacións para as queimas agrícolas e as solicitudes para restos forestais amoreados

A Consellería do Medio Rural reactiva dende hoxe mesmo as notificacións para levar a cabo queimas agrícolas por parte de particulares na comunidade, así como as solicitudes de autorización por as de restos forestais amoreados. 

No caso das queimas agrícolas, os que soliciten un novo permiso hoxe, tendo en conta que a comunicación debe efectuarse sempre con dous días de antelación segundo a normativa, poderán levar a cabo a queima a partir deste venres, 7 de novembro.  

Estas comunicacións poden realizarse a través da web específica ou chamado ao 012. Como viña sendo habitual, os cidadáns deberán confirmar que se trata dunha “queima correspondente a palla e/ou material natural, agrícola, non perigoso, utilizado en explotacións agrícolas e/ou gandeiras”. No caso de efectuar o trámite chamando ao 012, deberán dar conta tamén desta circunstancia por teléfono. 

A maiores, tamén se retoman desde hoxe as solicitudes de autorización para efectuar queimas de restos forestais amoreados. Neste caso e como vén sendo habitual, cómpre contar con autorización administrativa, dado o maior risco da actuación. 

Desde a Xunta de Galicia, indican que «cabe engadir que as comunicacións e autorizacións de queimas a través da web da Consellería do Medio Rural son posibles de acordo co establecido no artigo 34 da Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia». Ademais, en días laborables, tamén está a disposición dos cidadáns o teléfono 012 para favorecer a comunicación. Tanto as comunicacións como as autorizacións deixarán de ter validez nos días que hai vento e altas temperaturas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS