jueves, octubre 30, 2025
InicioNewsComarcasGalicia Suroeste e Redondela inician os traballos de rexeneración integral da ensenada...

Galicia Suroeste e Redondela inician os traballos de rexeneración integral da ensenada de San Simón

Galicia Suroeste e o Concello de Redondela poñen en marcha unha nova intervención estratéxica para a prevención de danos ao ecosistema dunar do espazo natural protexido da contorna da ensenada de San Simón, grazas á financiación procedente do Plan de Sostibilidade Turística en Destino “A Despensa de Galicia”, financiado con Fondos Next Generation – UE.

Rita Pérez, concelleira de Redondela, acompañado polo Representante Institucional do Xeodestino e alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, asistiron no día de hoxe ao inicio dos traballos de retirada manual de especies exóticas invasoras da zona dunar, e supralitoral, unha acción crucial para protexer este enclave único, que se realizará entre os meses de novembro e decembro.

Coa retirada dos exemplares de Artotheca Calendula preténdese restaurar o equilibrio natural e recuperar a biodiversidade local, xa que a presenza desta especie exótica está xerando unha perda de espazo para as especies nativas e tamén, rompendo a conectividade ecolóxica básica. 

Tamén, limparase a zona dunar de residuos sólidos urbanos que frean os restos de arribazón de algas e outra materia natural necesaria para nutrir a outras especies, contribuíndo así a restaurar a funcionalidade ecolóxica do espazo e favorecer o uso recreativo, educativo e turístico da contorna.

En concreto, con esta actuación, que conta cun investimento de 18.000 euros e que se enmarca na liña de transición verde e ecolóxica do Plan de Sostibilidade Turística en Destino (PSTD) de Galicia Suroeste, perséguese tanto a preservación ambiental coma a posta en valor do patrimonio natural da contorna, impulsando un turismo respectuoso co medio ambiente que garanta un uso sostible e equilibrado dun espazo natural único cun valor ambiental incalculable.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS