Xoves, Xaneiro 29, 2026
HomeNewsActualidadeBaiona prepárase para vivir unha fin de semana terrorífica

Baiona prepárase para vivir unha fin de semana terrorífica

O Concello de Baiona celebra o BAI SAMAÍN cun programa especial de dúas xornadas cheas de actividades para todos os públicos. A festa terá lugar o venres 31 de outubro e o luns 3 de novembro na carpa municipal, aproveitando que os nenos e nenas non terán clase ese día.

A proposta está pensada para ofrecer “unha alternativa de lecer familiar e manter viva unha das tradicións máis arraigadas da cultura galega como é o Samaín”.

Deste xeito, o venres 31 de outubro terá lugar a actividade “Pasarémolo de medo”, onde haberá photocalls terroríficos, animación musical, laboratorio de bebidas, pintacaras, xogos para todas as idades e diversas sorpresas. O evento dará comezo ás 17 horas na Carpa do Concello.

Por outro lado, o luns 3 de novembro a mesma carpa acollerá diversos obradoiros de Samaín. De 11 a 14 horas terá lugar o obradoiro de feltro máxico e ás 17 horas, o obradoiro de cociña terrorífica.

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, destaca que “esta programación busca ofrecer opcións de lecer saudable e en familia, mantendo vivas nosas tradicións e creando momentos para compartir na nosa vila. O Samaín é unha festa que une cultura, historia e diversión, e Baiona vívea cada ano con máis ilusión.”

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS