«Non nos moverán». Baixo este lema, as traballadoras e os traballadores do Servizo de Axuda no Fogar de Ponteareas encerráronse no salón de plenos do Concello para «visibilizar a nosa situación». Levan máis dun mes en folga indefinida co obxectivo de que a empresa concesionaria do servizo «quede fóra». Denuncian impagos e precariedade nas súas condicións laborais, entre outras cuestións.
Ao fin da sesión plenaria, na que a corporación abrodou a problemática das traballadoras do SAF e na que o propio goberno municipal, liderado polo Partido Popular, recoñeceu que a empresa caira en «infraccións grave e moi graves», as traballadoras decidiron permanecer no Concello: Pasarían alí a noite.








