martes, octubre 28, 2025
InicioO PaísA CoruñaAviso amarelo na costa de Pontevedra e suroeste da provincia da Coruña...

Aviso amarelo na costa de Pontevedra e suroeste da provincia da Coruña por acumulación de choiva

MeteoGalicia pon de manifesto que a costa de Pontevedra e o suroeste da provincia da Coruña permanecerán este martes en aviso amarelo por acumulación de choiva en 12 horas.

En concreto, o aviso estará activo dende as 12 horas deste martes ata as 3 horas da madrugada do mércores, 29 de outubro. Agárdase que nestas zonas se poidan acumular ata 40 litros de auga en 12 horas.

Ante a situación, MeteoGalicia recomenda informarse do estado das vías antes de iniciar calquera desprazamento, evitar zonas próximas aos cauces dos ríos e afastarse de zonas inundadas.

Mapa das zonas afectadas polo aviso amarelo:

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS