lunes, octubre 27, 2025
InicioNewsActualidadeÚltimos días do ano para poder visitar as Ruínas de San Domingos...

Últimos días do ano para poder visitar as Ruínas de San Domingos en Pontevedra

  1. Este venres 31 de outubro, a Deputación de Pontevedra pecha ao público durante os meses de inverno as Ruínas de San Domingos. Do martes ao venres desta semana serán os últimos días nos que o máis antigo dos sete edificios que conforman o Museo de Pontevedra permaneza aberto ao público este ano, no seu horario de 10:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 19:30 h
  2. As Ruínas volverán abrir o 15 de marzo de 2026. Entre o 1 de novembro e o 14 de marzo permanecerán pechadas, se ben poden concertarse visitas para grupos contactando co Museo de Pontevedra. A viabilidade das visitas dependerá das condicións meteorolóxicas e da dispoñibilidade do departamento de Educación do Museo na data solicitada.
  3. «As Ruínas de San Domingos son un lugar icónico da cidade de Pontevedra» aseguran dende o organismo provincial. Está constituído polos restos da antiga igrexa e do convento dominico da cidade, fundado cara a 1282. O que se conserva é a cabeceira da igrexa de cinco ábsidas, excepcional no gótico galego, parte do muro sur da igrexa e a entrada á sala capitular, que se corresponde con obras realizadas a partir de 1383.
مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS