jueves, octubre 23, 2025
InicioNewsOs hoteis galegos ingresaron 53 millóns en setembro, un 4,3 % máis...

Os hoteis galegos ingresaron 53 millóns en setembro, un 4,3 % máis que en 2024

Os hoteis e pensións galegos pecharon o mes de setembro cunha facturación estimada de 53,4 millóns de euros, o que supón un incremento do 4,3 % respecto ao ano pasado e a cifra máis elevada da serie histórica nese mes. Segundo explican desde a Xunta d eGalicia, «consolídase así a tendencia á alza durante este ano no sector hoteleiro galego en canto ingresos hoteleiros, que, desde xaneiro a setembro ascenden a 366,4 M€, un incremento do 5,4 %».

Segundo os datos publicados hoxe polo Instituto Nacional de Estatística, os establecementos hoteleiros galegos rexistraron 645.000 viaxeiros aloxados, un 2,5 % máis que o ano anterior e a cifra máis alta neste mes. O principal motor do crecemento en setembro foi o mercado internacional, que alcanzou un máximo histórico con 414.000 pernoctacións, un 3,2 % máis que en 2024.

Estados Unidos

Este segmento representa agora o 37 % do total da demanda hoteleira galega -referíndose a noites e só ao sector hoteleiro-, a maior cota xamais rexistrada en setembro, e encadea cinco anos consecutivos de crecemento neste mes.

En concreto, por mercados, EEUU foi o país estranxeiro que trouxo máis viaxeiros o pasado mes de setembro neste tipo de establecementos. En concreto, foron máis de 51.000 estadounidenses os que visitaron a Comunidade galega o pasado mes (o que supón un crecemento do 13 %), seguidos polos portugueses e alemáns.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS