jueves, octubre 23, 2025
InicioNewsEntrevistas"Bla, bla, bla": Así é o ruxido existencial do grupo galego Doroxo...

«Bla, bla, bla»: Así é o ruxido existencial do grupo galego Doroxo Presbiçian

A banda galega Doroxo Presbiçian vén de estrear o seu novo traballo discográfico, titulado “bla bla bla”, dispoñible en Spotify e no resto de plataformas dixitais.

Un son nacido do caos

O novo traballo chega tras unha intensa etapa de concertos en salas de toda Galicia, onde o grupo consolidou unha sólida base de seguidoras e seguidores que conectan coa súa proposta sen filtros. “O público pedíanos poder escoitar estes temas nas plataformas”, explican desde a banda.

Segundo Doroxo Presbiçian, “bla bla bla” nace do caos. A súa enerxía evoca o grunge dos anos noventa, coa contundencia do rock urbano e unha carga emocional que atravesa cada tema. Nas letras, o grupo volve explorar asuntos como a crítica social, a frustración contemporánea e a procura de autenticidade nun mundo saturado de ruído e aparencias.

Escoita a entrevista completa aquí:

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS