Os veciños e veciñas de Parderrubias, en Salceda de Caselas, contan cun novo instrumento para convertir o seu Centro Cultural nun edificio accesible. En concreto, gracias a unha subvención da Xunta de Galicia, vén de ser instalado no edificio un salvaescadas.
A obra suma un custe total de máis de 12.800 euros, sendo subvencionados 12.000 euros pola Xunta de Galicia, e aportando a Comunidade de Montes de Parderrubias os 800 euros restantes.
A maiores da colocación dun salvaescadas, tamén se traballou na mellora de eficiencia enerxética do edificio. Desta forma, gracais ao artiluxio moitas e moitos socios de idade avanzada e con dificultade na mobilidade, poderán agora acceder ao salón de actos do Centro Cultural.
Por outra banda, a zona presentaba insuficiencia luminaria, feito que quedou solventado grazas á colocación de luminarias led. Así, mellorouse a visibilidade e permitindo ter un sitio máis seguro e evitar accidentes.