jueves, octubre 16, 2025
InicioNewsComarcasMáis de 200 persoas claman en Ponteareas por "salvar o SAF" e...

Máis de 200 persoas claman en Ponteareas por «salvar o SAF» e piden a dimisión do concelleiro Francisco Represas

Máis de 200 persoas claman en Ponteareas por «salvar o Servizo de Axuda no Fogar«. As traballadoras marcharon polas rúas do municipio, desde o centro de saúde ata o Concello, co obxectivo de pedir que a empresa concesionaria do SAF, Óbolo, «marche xa». Durante o traxecto, veciños e veciñas sumáronse as súas reivindicacións. Soaron proclamas como «Paco Suso, dimisión», en referencia ao concelleiro de Facenda, Francisco Jesús Represas, ou «os nosos cartiños chegan aos pouquiños». Negan que a súa situación, logo de 20 días de folga indefinida, estea solucionada pese aos comunicados que emite a administración local ou o propio edil nas súas redes sociais.

As traballadoras contaron co apoio dos grupos da oposición, do Bloque Nacionalista Galego, Partido Socialista e Ponteareas en Común. Non había ningún membro do equipo de goberno, Partido Popular, Acip e Independentes de Ponteareas, na manifestación que celebraron durante esta tarde polas rúas do municipio.

20 días en folga indefinida

As traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar de Ponteareas levan xa 20 días en folga indefinida para reclamar ao Concello que a empresa concesionaria, Óbolo, «marche xa». Denuncian que «non cobramos o que temos que cobrar» e que «non temos medios para atender aos nosos usuarios e usuarias». Ademais, critican que o Concello, durante o proceso de negociación, «olvídanse dos máis importante, as traballadoras».

Á manifestación que tivo lugar este xoves en Ponteareas tamén se sumaron traballadoras do SAF do Concello de Mos, O Porriño ou de Vigo con proclamas como «xuntas somos máis fortes».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS